Pérez, Lois (1979-)

A tribo do mar / Pérez, Lois - Vigo : Xerais , 2023 - 215 páxinas ; 21 cm - ( Fóra de xogo ; 208 ) .

Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infranqueábel. No entanto, a "influencer" Dakota Amazing ultima o seu novo "reel". O deserto é "supercool"!
Pero o deserto é unha boca que ten sede nun mundo que ten fame. E non hai nada comparábel a Simún. Porque, quen ouse desafialo, será envolto polas ondas de area. Cando se vai, quen sobrevive non esquece o seu rostro.
Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Coma unha tribo do mar.

9788411104043


Emigración e inmigración --Novelas
Emigración e inmigración --Novelas

821.134.4-31"20" XN

Coa tecnoloxía Koha