Vivir sen permiso e outras historias de Oeste / Manuel Rivas
por Rivas, Manuel; Rivas, Manuel (1957-) [autor/a]
.
Tipo: 




Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES As Telleiras Sala préstamo | 82-GAL RIV (N) | 1 | Dispoñible | CED053000016722 |
|
|||
Prestable | IES As Telleiras Sala préstamo | 82-GAL RIV (N) | 1 | Dispoñible | CED053000016723 |
|
inclúe o relato que inspirou a serie de TV Vivir sen permiso
Contén: O medo dos ourizos ; Vivir sen permiso ; Sagrado mar.
Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición humana situada no límite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En «O medo dos ourizos», dous mozos mariñeiros, que subsisten en precario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes do narcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida. En «Vivir sen permiso», Nemo Bandeira, un poderoso magnate que levantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel. En «Sagrado mar», un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, ten que enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo no interior da cadea. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define como literatura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non é tanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.
1º-2º BAC