A lingua en 2050 / Fernando Ramallo (coord.)
por Ramallo, Fernando 1965- [autor/a]
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES As Telleiras Sala préstamo | 81-GAL RAM | 1 | Dispoñible | CED053000017134 |
|
Índice
A reflexión sobre a situación actual da lingua galega convértese nun detonante impulsivo para indagar, desde a especulación, sobre o seu futuro. Por iso, neste volume proponse pór a proba a imaxinación respecto ao futuro do idioma propio de Galicia na metade do século xxi.
Para tal fin, o sociolingüista e profesor da Univer- sidade de Vigo Fernando Ramallo interpelou un grupo de persoas, todas elas suxeitos con experiencia, traballo e ideoloxías arredor da lingua galega, en diferentes sectores, desde perspectivas diferentes e, ás veces, contra- ditorias, para que avanzasen a súa visión sobre a situación social do idioma no 2050.
Polas condicións económicas, políticas, sociais e tecnolóxicas nas que nos atopamos na actualida- de, os case trinta anos que temos por diante están chamados a ser un momento crucial para o noso idioma, ben para o seu fortalecemento, ben para a súa ritualización.
Con esta compilación, queremos contribuír ao debate sobre o futuro (desde o presente) do idio- ma galego e trazar as liñas do horizontal social e lingüístico que nos leven a facer dos desexos unha realidade.